Merca Local. Merca en Cabanas.

O Concello de Cabanas dispón dun tecido comercial, empresarial e de servizos capaz de dar resposta a boa parte das demandas e necesidades diarias da veciñanza e das persoas que nos visitan. Existen, ao longo de todo o termo municipal, establecementos dos principais ámbitos de actividade para poder realizar moitas das compras e xestións máis habituais sen ter que saír fóra do concello.

Destaca, por riba de calquera outro, o ámbito da hostalería e da restauración, con establecementos que cobren amplamente o territorio e ofrecen opcións adaptadas a diferentes gustos, necesidades e prezos. Tamén existen diversas opcións de beleza, talleres, xestorías, clínicas e outra industria e servizos profesionais ofrecidos por persoas autónomas.

Máis aló dos establecementos fixos, desde o Concello de Cabanas promóvense ao longo de todo o ano diversas feiras. Por unha banda está a Feira do 21, que se celebra o día 21 de cada mes no Paseo da Madalena. Pola outra temos as feiras temáticas, como a feira de artesanía de Santa Marta, que se celebra en verán, ou o Mercado de Nadal, no mes de decembro.

A crise da COVID-19 serviu para que moita xente tomase conciencia da necesidade de apostar polo comercio local. Porque mercando local, mercando en Cabanas, contribúese tamén a xerar emprego e fixar poboación.